miércoles, 25 de enero de 2017

Educación Inclusiva e Deseño Universal para a Aprendizaxe

A diversidade é unha realidade nas aulas e debe usarse como unha ferramenta para a aprendizaxe. O deseño Universal para a aprendizaxe é un enfoque didáctico  para asegurar que todos os alumnos poidan acceder aos contidos e a os distintos elementos do currículo. 



Dua pautas intro_cv from elena salgado

Principalmente o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) fai dúas achegas á atención á diversidade:
- Rompe a dicotomía de alumnado con discapacidad e sen discapacidad.
- Atopamos que o foco da discapacidad desprázase do alumno aos materiais e aos medios en particular, e ao deseño curricular en xeral ( Burgstahler, 2011) o currículo será discapacitante na medida en que non permita que todo o alumnado poida acceder a el.

3 Principios básicos:
1 - Proporcionar múltiples formas de representación da información e dos contidos xa que os alumnos son distintos na forma en que perciben e comprenden a información.
2 - Proporcionar múltiples formas de expresión da aprendizaxe posto que cada persoa ten as súas propias habilidades estratéxicas e organizativas para expresar o que sabe.
3 - Proporcionar múltiples formas de implicación, compromiso para captar o seu interese, esforzo, persistencia, autorregulación.

A guía para o Deseño Universal da Aprendizaxe elaborada por CAST ( Centro para Tecnoloxía Especial Aplicada) enlace á guía en inglés 

enlace relacionado con vídeos sobre este enfoque  lametodologiaenlaeducacion.blogspot   de Mª Eugenia






jueves, 19 de enero de 2017

Aplicación para entender o paso do tempo: Set-Time

Aplicación creada por Accegal (comunicación y accesibilidad en dispositivos móviles). SetTime ofrece un grupo de contadores de tempo altamente configurables.
Os tipos de contadores son: analóxico, progreso, reloxo de area, barras e tarefas.
Está aplicación está destinada principalmente aos nenos e adultos con necesidades especiais como o trastorno do espectro autista co fin de facerlles entender o concepto de tempo, e dicir, saber canto tempo necesitase para uha actividad ou canto tempo falta para unha actividade.


Accegal é un proxecto de colaboración entre o Centro de Educación Especial Manuel López Navalón e o Grupo de Tecnoloxías da Información da escola de Inxenería da Comunicación da Universidade de Vigo accegal

lunes, 9 de enero de 2017

Revista Convives n° 16: APRENDIZAXE-SERVIZO E CONVIVENCIA

Estas son algunhas das ideaas, propostas e reflexións que se expoñen nesta revista sobre a aprendizaxe servizo.
" A aprendizaxe sevizo é unha proposta educativa que combina procesos de aprenizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado no que os participantes fórmanse ao traballar sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de melloralo." Centre Promotor d'aprenentatge Servei de Cataluña definición que se atopa no artigo de Rafael Mendía Gallado.
" A axuda desinteresada, a indignación, o compromiso, a cooperación o compromiso e a positividad. Os participantes na aprendizaxe servizo viven estes valores e aplícanos á realidade apropiándose dos mesmos. De aí o seu potencial como proposta para a educación en valores". Josep M. Puig Rovira.
"A escola debería ofrecer a posibilidade de exercer, polo menos unha vez na súa vida, as competencias necesarias para unha participación cidadá, responsable e comprometida". Eloísa Teijeira Bautista.

 ENLACE A LA REVISTA

Índice:
PRESENTACIÓN
Aprendizaxe- servizo e Convivencia
Pedro Mª Uruñuela Nájera

ARTIGOS
Aprendizaje- Servizo e Conviencia, unha metodoloxía que funciona
Eloísa Teijeira Bautista

Aprendizaje-sevizo e educación en valores.
Josep M. Puig Rovira

A aprendizaxe-servizo unha metodoloxía para a innovación educativa
Rafael Mendía Gallardo

Reforzando o tecido social: o papel dos concellos no impulso do ApS
Mar Cruz Moura

EXPERIENCIAS 
Facer un león con fabricación digital. 
CEIP Lavinia. Barcelona

Cóidache, cóidao.
CEPR San Pascual Bailón. Piñeiros Ponte (Granada)
Xeración Inter
IES Miguel Catalán. Coslada (Madrid)
O servizo comunitario. Mozos comprometidos con vontade de cambio.
enlace á revista para a súa descarga convivesenlaescuela.blogspot.com.es

lunes, 2 de enero de 2017

Infografía Educación Emocional








Deix














Deïxovos a miña primeira infografía sobre un tema do que se falou moito e se seguirá neste novo ano que comenza.

jueves, 15 de diciembre de 2016

Reforzo positivo fronte ao castigo

O castigo para que sexa efectivo ten que situar ao neno o máis próximo posible ao feito en cuestión, ser unha consecuencia coherente en relación coa conduta, nin demasiado esaxerada, nin demasiado leve e por un período de tempo curto.

O Obxectivo da educación é consolidar as condutas positivas nos nenos, nenas e suprimir as condutas negativas e iso conséguese moito mellor mediante o reforzo (consecuencia positiva) e a extinción, que mediante o castigo.

En lugar de castigos reforza de forma positiva as condutas desexadas.
-   Cando teña un mal comportamento explícalle que é o que fixo mal e cales son as consecuencias dos seus actos.

-   Axúdalle a desenvolver a responsabilidade dos seus actos. Para iso dialoga con el e trata de acordar ou pactar a consecuencia.

-   Nunca ameaces, humilles ou danes ao neno/a.

O mellor reforzo non son premios materiais, consiste na atención dos pais para con os fillos.Trátase de reforzar cando está mostrando as condutas que queremos que faga, achegándonos, verbalizando que o está facendo ben.
E retirarse a atención (extinción) cando adopta condutas inadecuadas e chamadas de atención ( berrros, choros, rabechas)  que queremos que desaparezan.

                                foto visualhunt.com

A principal fonte de aprendizaxe dun neno é o modelado. Os nenos copian o que ven nos seus adultos de referencia, que principalmente son os seus pais e os seus irmáns maiores.
Axúdalle a desenvolver a responsabilidade dos seus actos. Para iso dialoga con el e trata de acordar ou pactar a consecuencia.
Instaurar unhas normas na familia facilitará moito a educación dos fillos, pero ditas normas  han de cumprilas todos os membros.
Cando teña un mal comportamento explícalle que é o que fixo mal e cales son as consecuencias dos seus actos.


enlace ao artigo hacerfamilia.com
enlace relacionado  disciplina positiva : www.abc.es/familia