lunes, 24 de marzo de 2014

Protocolo detección Dislexia Educación Primaria

A dislexia considerase unha dificultade específica da linguaxe de orixe neurobiolóxico caracterizada pola presenza de dificultades na precisión e fluidez no recoñecemento de palabras ( escritas) e por un déficit na habilidades de decodificación lectora y deletreo.
A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico que se da en persoas que non presentan ningún hándicap psíquico, físico nin sociocultural.
A dislexia é unha dificultade específica da aprendizaxe.

Protocolo para detección de alumnado con posibles necesidades específicas para un trastorno de aprendizaxe da dislexia na Educación Primaria

En canto a lectura:
-                  Lectura con erros
-                  Lectura correcta pero non automática
-                  Dificultade para conectar letras e sons
-                  Dificultades para descifrar palabras aprendidas
-                  Traspón as letras, cambia o orde e inverte números.
-                  Lentitude na lectura.
-                  Comprensión pobre.
-              Dificultade para atopar o vocabulario axeitado cando expón algo. 

Na escrita:
-                  Inverte letras, números e palabras.
-                  Confunde dereita e esquerda, escribe en espello.
-                  Dificultades ortográficas.
-                  Non logra organizar os pensamentos; a súa gramática e ortografía son deficitarias.
-                  Ten dificultade para trasladar o pensamento oral a escrito.
-                  Letra ilexible desordenada.

   Na fala :
-                  Presenta dificultade na pronuncia de palabras, invertendo, cambiando sílabas.
-                  Dificultade para nomear figuras.
-                  En ocasións non atopa a palabra axeitada e busca sinónimos, non sempre axeitados.

Dificultades nas matemáticas.
-                  Para aprender as táboas de multiplicar.
-                  Conta facendo uso dos dedos.
-                  Cústalle o manexo dos cartos.

A coordinación motriz:
-                  Confúndese con facilidade.
-                  Non colle ben o lapis.

A memoria de traballo
-        Dificultades para recordar ordes ou instrucións.



Metodoloxía aconsellable para estas dificultades lectoras e na escrita:

  • ·       A este alumnado cústalle automatizar as regras ortográficas aínda qe as coñeza a nivel teórico.
  • ·       É conveniente ser flexible cando se lles esixa unha correcta ortografía e un axeitado uso dos signos de puntuación.
  • ·       Pedirlle menos cantidade de tarefa para casa, aínda que sen vacilar en poñerlle algún exercicio difícil. Personalizar a Demanda.
  • ·       Escribir e escoitar ( ditado ou apuntes ) poden resultarlle moi difícil.
  • ·       Uso de esquemas e gráficos nas explicación de clase favorecen a comprensión e unha mellor funcionalidade da atención.
  • ·       Trátase de que a lectura non leve máis tempo ca outro neno ou nena, recortándolle a cantidade a ler.
  • ·       Comprobar que comprende o material escrito que van a empregar, explicarllo verbalmente.
  • ·       Proximidade na situación na aula.
  • ·       Emprego da técnica do sobreaprendizaxe, a repetición para reforzar a nova información.
  • ·       Non esquecer darlle copia dos apuntamentos das leccións e lecturas obrigatorias.
  • ·       Durante os exames darlle tempo suplementario.
  • ·       Permitir o uso do ordenador.
  • ·       Coidar o tipo de letra como ex.: Arial, Helvética, Verdana. O tamaño (14 primaria e 18 puntos para Educación Infantil.
  • ·       Resaltar os textos ( os máis longos, complexos) cun fondo de cor ex: crema, tamén as probas escritas.

 Actiivdades para mellorar a eficacia no proceso lector:
Antes da lectura:  falar sobre o obxectivo da lectura, hipóteses sobre o contido.
Durante a lectura: reelaborar novas hipóteses.
Despois da lectura: Comprensión persoal, mediante diálogo co alumno.


bibliografía:
Guía de Dislexia para Educadores. Madrid con la Dislexia.
Actuación en Dislexia de Desarrollo. coordinador Francisco Román Lapuente. Región de Murcia. Consejería de Educación, Ciencia e Investigación 2008
PRODISLEX  protocolos de detección y actuación en Dislexia. Integratek.
Manual de Atención al alumnado con Necesidades Especifícas de Apoyo Educativo derivadas de Dificultades Específicas de Aprendizaje de Dislexia. Consejería de Educación.Junta de Andalucía.


No hay comentarios:

Publicar un comentario