jueves, 22 de mayo de 2014

AUTOAVALIACIÓN : RÚBRICAS


O uso de guías de traballo, para axudar aos alumnos, alumnas a pensar sobre as metas a conseguir co mesmo e os criterios polos cales o seu traballo será  avaliado, favorece a autonomía e a autorreflexión sobre o que se está a facer,  estas guías chámanse  Rúbricas. 
aquí hai alguns exemplos:
RÚBRICA  para evaluar as exposicións orais dos alumnos. 

Recompilado de



Outro exemplo:
Rubrica para autoevaluación e  avaliación compartida da fluidez lectora.


É un instrumento co obxectivo de que os alumnos presten unha atención especial a comprensión do texto, e non a correr durante a lectura. 

Recompilado  

coleccións de rúbricas para avaliar en :






Estratexia de Avaliación Compartida da Comprensión Lectora


A aprendizaxe cooperativa na Educación Primaria é unha estratexia  que vai favorecer a interrelación entre os iguais e co mestre , favorecendo un clima de aula máis colaborador, inclusivo, integrador  ademáis  de desenvolver o pensamento crítico e creativo.






O portafolio é unha carpeta individual do alumno, alumna, cunha colección 
dos mellores traballos co propio alumno produce  selecciona e que van  ser 
usados como estratexia de avaliación cooperativa co mestre e cos seus propios compañeros, compañeiras.

Recompilado da magnifica páxina de Andrés Calero comprension-lectora.org




martes, 6 de mayo de 2014

ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO NA ESCOLA






A Consejería de Educación do  Principado de Asturias, publica un material moi interesante, sobre as alteracións do comportamento no ámbito educativo.
Un libro e cinco cadernos realizados polo equipo de alteracións do comportamento e o equipo de profesores do proxecto  "Trampolín" programa experimental para alteracións graves de conduta.

1- Intervención Educativa
2- Protocolos de Intervención
3- Intervención Familiar
4- Programa Trampolín
5- Estratexias de Intervención














 Recompilado do Blog de Orientación Condesa

ESTRATEXIAS AULA PARA TDAH


TRASTORNO DEFICIT ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE

Os alumnos e alumnas con Déficit de atención ou trastorno por Déficit de atención e Hiperactividade teñen dificultades para planificar, organizar e controlar a actividade tanto nas tarefas cognitivas, como no control emocional e condutual.
Os reforzos van encamiñados á metodoloxía e organización da aula.

Entorno
Evitar colocar cerca de ventás e portas para aumentar a atención.

Materiais
Empregar estuches planos, para non ter todo xunto.
Empregar unha axenda o máis sinxela posible.

estratexias metodolóxicas
- As normas da aula deben ser poucas, claras e sinxelas.
- Permitir facer os exercicios do libro sen ter que copiar os enunciados.
- Ter en conta ca grafía vai depender do día.
- Poñer na pizarra tamén información visual.
- Elabora un horario con cada asignatura dunha cor.
- Deseñar actividades moi estruturadas e breves.
- Incluir pautas autoinstruccións :( leo, que teño que facer, como o vou facer, repaso)
- Permitir saídas da aula ordinaria para anticipar contidos.(PT)
- Permitir saídas da clase para calmarse.
- Deixar tempo suficiente para copiar os deberes.

Avaliación
- Asegurar a comprensión das tarefas.
- Poñer os deberes, controis na pizarra ( ou nun espazo ben visible)
- Permitir facer os exames por partes, pregunta a pregunta, deixar máis tempo, con menos actividades.
- Empregar diversas técnias de avaliación :
- Proba oral
- Proba tipo test
- Enunciados curtos,destacar palabras claves dos enunciados,potenciar as respostas orais. Trátase de comprobar que cada obxectivo de varias maneiras.

Conduta
1- Ignorar as condutas a extinguir (selección de condutas)
2-Reforzo das condutas que queremos adoite.
3- Extinción de conduta : pódese empregar sistema de vidas para control da conduta dentro da aula. Por exemplo con gomets e vaise quitando a medida que incumple as normas. Como xa se lle ten esplicado o sitema, cando se lle vaia a quitar unha vida non se lle rifa nen se lle di nada: Hai que ter claro a consecuencia de perder todas as vidas. Pode ser sair da aula.
Facer contratos de traballo. Redactados en primeira persoa :
Eu teño que facer exercicos que me pon a mestra. Cada exercico que remato tacho da lista.Se acabo todos gañarei unha cariña sorrinte e poderei: ir a clase de.... xogar un pouco no ordeador.
Se non remato non gañarei unha cariña e terei que teminarlos...
4- As recriminacións evitar as verbais, manter contacto visual o achegamento nos momentos de desatención para volver a centralo.
5- As recriminacións mellor en privado para favorecer o seu autoconcepto.

Motivación
Identificar os esforzos. Eloxiar.
Ofrecerlle confianza.
Evitar avaliar sempre negativamente.
Proxectar expectativas de futuro.

domingo, 4 de mayo de 2014

EDUCAR EN IGUALDADE DE XÉNERO





Guía para traballo en primaria sobre o tema da Igualdade. 
Estrutrase en catro partes con actividades para desenvolver na aula:

1- Definindo Maltrato e Buentrato, achegándose ao concepto bó/mal trato.

2- Identificando Maltrato e Buentrato, cos nenos e nenas coñezan algunhas formas de discriminación e agresións sexistas que se poidan dar no seu entorno inmediato.

3- Vivenciando a igualdade, coñecendo os estereotipos que se asocian aun xénero e a outro

4- Fomentando a solidariedade, traballando as posturas solidarias.

5- Anexo con propostas para os mestres e materiais para as dinámicas de clase.

ACTIVIDADES DE INTELIXENCIA EMOCIONAL INFANTIL



Actividades para estimular a intelixencia emocional dos nenos e nenas de Educación Infantil, de 2 a cinco anos.




Recompilado do blogeducandotesoros