miércoles, 16 de diciembre de 2015

Estudo e Motivación: aprendo a coñecer ao meu fillo, filla


A motivación é o motor da aprendizaxe, depende das percepcións que ten o alumno, alumna de si mesmo ( efecto pigmalion) e da percepción do entorno: família, amigos, escola. A familia é un pilar fundamental na motivación para estudiar, no éxito do estudante.

Por iso que a implicación dos pais e nais é tan necesaria.  Os pais  deben coñecer as actitudes dos seus fillos, filllas con detalle. Teñen que convencelos de que a súa aprendizaxe é importante.

Fale con el, ela. Mostre sincero interese polo que fai dentro e fora da aula cada día, como se sinte nas tareas: desbordado,  capaz, moi interesado. Cal é o seu obxectivo nas distintas materias escolares. Reflexionar sobre o tempo de estudo, tempo cos amigos, horario de xogo, hirario de televisión, de videoxogos.
É importante facerlle ver que as clases poden ser amenas e de aplicación na vida diaria. Con exemplos que xurdan cando vamos de compras, cando vemos televisión, calculamos  tamaños, cantidades de materiais para casa etc.

Un neno, nena non pode apaixonarse ou motivarse polo estudo se os seus pais non se interesan polo que el fai.



Recurra para reforzar a aprendizaxe e o interese polas materias que estudia a todo o que lle gusta ao seu fillo, filla ( películas, xogos, deportes. ..)
A motivación comeza por aquí.
Axudarlle a gañar confianza en si mesmo. E importante que estea  convencido de que é capaz de facer a actividade que pode chegar ao cumprir o seus obxectivos.
É fundamental cos pais demostren interese, paciencia, entusiasmo e respecto a os seus fillos, fillas. O neno, nena non pode sentirse interrogado debe sentirse protagonista e importante, convencido de que pode chegar ao final do proposto.

 Enlace relacionados www.euroresidentes.com                                          
                                       entorno_y_motivacion

No hay comentarios:

Publicar un comentario