miércoles, 25 de enero de 2017

Educación Inclusiva e Deseño Universal para a Aprendizaxe

A diversidade é unha realidade nas aulas e debe usarse como unha ferramenta para a aprendizaxe. O deseño Universal para a aprendizaxe é un enfoque didáctico  para asegurar que todos os alumnos poidan acceder aos contidos e a os distintos elementos do currículo. 



Dua pautas intro_cv from elena salgado

Principalmente o Deseño Universal da Aprendizaxe (DUA) fai dúas achegas á atención á diversidade:
- Rompe a dicotomía de alumnado con discapacidad e sen discapacidad.
- Atopamos que o foco da discapacidad desprázase do alumno aos materiais e aos medios en particular, e ao deseño curricular en xeral ( Burgstahler, 2011) o currículo será discapacitante na medida en que non permita que todo o alumnado poida acceder a el.

3 Principios básicos:
1 - Proporcionar múltiples formas de representación da información e dos contidos xa que os alumnos son distintos na forma en que perciben e comprenden a información.
2 - Proporcionar múltiples formas de expresión da aprendizaxe posto que cada persoa ten as súas propias habilidades estratéxicas e organizativas para expresar o que sabe.
3 - Proporcionar múltiples formas de implicación, compromiso para captar o seu interese, esforzo, persistencia, autorregulación.

A guía para o Deseño Universal da Aprendizaxe elaborada por CAST ( Centro para Tecnoloxía Especial Aplicada) enlace á guía en inglés 

enlace relacionado con vídeos sobre este enfoque  lametodologiaenlaeducacion.blogspot   de Mª Eugenia